Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.
Cada ano está dedicado a algún escritor en galego morto.
|