|
XIII Carreira Popular de Betanzos
|
| (04/08/08) escrito por Antonio |
Data: domingo, 17 de Agosto de 2008 Hora: a partir das 11:00 h Lugar: Praza García Irmáns, Betanzos Distancia: de 200 a 8.800 m Organiza: Clube de Atletismo “As Mariñas” de Betanzos e o Concello de Betanzos (Comisión de Festas) Inscrición: ata media hora antes do comezo da Proba
REGULAMENTO XERAL ART. 1.- Os organizadores da proba son o Clube de Atletismo “As Mariñas” de Betanzos e o Concello de Betanzos (Comisión de Festas)
ART. 2.-A celebración da proba terá lugar o Domingo día 17 de agosto de 2008, e a hora de saida serán as 11:01 da mañá sendo o tempo o tempo máximo oficial de duración da carreira de 1 hora e 30 minutos.
A saida e a chegada estarán instaladas na Praza Garcia Hirmáns.
Daranse dúas saídas, a primeira será ás 11:00 da maña e correrán os rapaces de ata 10 anos completando 200 mtrs. ou 600 mtrs. respectivamente según a categoría á que pertenzan. A segunda darase ás 11:15 e nela correrán o resto de categorías nun circuito dunha distancia 2200 metros.
Cada atleta dará as voltas que lle correspondan según a súa categoría e o disposto no artigo nº 3 do presente regulamento.
ART. 3.- Quedan establecidas as siguientes categorías:
MASCULINAS FEMININAS
ATA 6 ANOS 200 MTRS. ATA 6 ANOS 200 MTRS.
DE 7 A 10 ANOS 600 MTRS. DE 7 A10 ANOS 600 MTRS.
11-12 ANOS 2 VOLTAS 11-12 ANOS 1 VOLTA
13-14 ANOS 2 VOLTAS 13-14 ANOS 1 VOLTA
15-16 AN0S 2 VOLTAS 15-16 ANOS 1 VOLTA
17-18 ANOS 3 VOLTAS 17-18 ANOS 1 VOLTA
19-39 ANOS 4 VOLTAS 19-39 ANOS 4 “
40-49 ANOS 4 VOLTAS 40-49 ANOS 4 “
50-59 ANOS 4 VOLTAS 50-59 ANOS 4 “
60 EN DIANTE 3 VOLTAS 60 EN DIANTE 3 “
ART. 4.- A entrega de dorsais terá lugar momentos antes da carreira . Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización
ART. 5.- Os únicos vehículos autorizados para seguir o recorrido da carreira serán os designados pola organización. Queda expresamente prohibido seguir ós corredores en calquera outro vehículo non autorizado pola organización. Neste senso a autoridade competente (policía local) terá orde expresa de retiralos do circuito.
ART. 6.- A proba estará asistida polo propio servicio da organización, Protección Civil, Policía local e Cruz Vermella de Betanzos.
ART. 7.- Este evento inclúese dentro das actividades que organiza o Concello de Betanzos, por medio da Comisión de Festas, para as Festas de Agosto que xunto con outras actividades contan con un seguro conxunto de responsabilidade. Por outra parte a organización (Clube de Atletismo “As Mariñas”) e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables de ningunha lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia, falta de forma física , enfermidade, patoloxía ou outras dos participantes, así como da participación dos rapaces menores de idade que participarán baixo a responsabilidade dos seus pais ou titores. Os atletas maiores de idade correrán baixo a súa responsabilidade.
ART. 8.- Tódolos participantes polo feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a mesma a participación sin estar inscrito ou sin dorsal.
ART. 9.- A Organización reservase o dereito de modificar o percorrido da carreira xa sexa por causa de seguridade dos atletas ou outras. Fuente correrengalicia.org |
| [Volver] |