|
II Premio Graffiti
|
| (15/10/08) escrito por Antonio |
Para participar na modalidade do libro web, o alumnado dispoñerá dunha
ferramenta que se encontra na web habilitada pola Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/contidos/libros, para concursar na modalidade graffiti hai que reunir estes requisitos:
Destinatarios:
3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional.
Prazo de presentación:
Ata o 15 de novembro de 2008 ás 15:00 horas.
Solicitude de participación:
Cada centro educativo interesado en participar deberá completar o
formulario de participación e cubrir todos os campos obrigatorios.
O documento no que se presente deseño do graffiti deberá cumprir os criterios especificados:
· Tamaño máximo: 1,5 MB
· Formato: JPG ou PDF
Ademais, deberase indicar as necesidades dos materiais precisos para a
realización do graffiti, que proporcionará a Dirección Xeral de
Xuventude e Solidariedade.
Premios:
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade concederá un premio a un
centro educativo por provincia. O premio consistirá na participación no
programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado
ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no
Albergue Xuvenil As Sinas, en concreto, no subprograma "Da Areagorda ao
Mar Maior".
Criterios de valoración:
A comisión seleccionará os traballos premiados tendo en conta os seguintes aspectos:
· Estética.
· Traballo colaborativo.
· Traballo previo e posterior de aula.
· Que se traballen os contidos voluntarios a través de intervención artística
Resolución:
A decisión do xurado farase pública na segunda quincena de novembro nesta páxina web http://www.voluntariadogalego.org/graffiti.
O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con
anterioridade ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado.
Fonte voluntariadogalego.org
|
| [Volver] |