|
Aberto prazo inscrición para o III Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña
|
| (02/12/08) escrito por Antonio |
| Dentro das necesidades da sociedade actual, o respecto e a
conservación do patrimonio segue a ser unha asignatura pendente. Dende
o CEIDA, o equipo de educación ambiental leva tres cursos organizando o
Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da provincia da Coruña baixo
o lema Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural.
As voces das comunidades educativas, identificadas no alumnado como
actores transmisores, seguen a ser a mellor referencia dos movementos
que se están a desenvolver para a difusión desa conciencia ambiental,
que nace no xerme dos protagonistas das sociedades futuras.
Con este III Congreso de Educación Ambiental
preténdese consolidar vías de comunicación e de colaboración cos
centros de ensino, a través dun espazo de participación e debate.
Cartaz
Bases do congreso
Preinscrición no III congreso
Prazo aberto ata o 18 de xaneiro de 2009. + info en www.ceida.org ou 981.630.618 http://www.ceida.org/ Votar favorito (21) | Visto: 537
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
| [Volver] |