|
Feira Medieval Betanzos
|
| (01/07/08) escrito por Antonio |
| Programa: Venres 11 de xullo 18.00 horas. Apertura das paradas de venda de mercadorías. Inicio dos xogos e talleres infantís no Cantón de Claudino Pita. 20.30 horas. Saída da comitiva do señor de Andrade dende o Edificio Liceo cara a Praza da Constitución onde terá lugar o pregón e a apertura oficial da Feira Franca Medieval do 2008 por parte da Alcaldesa de Betanzos, Mª Dolores Faraldo. 23.00 horas. Carreirade Bocois de viño na Rúa Travesa. Sábado 12 de xullo 11.00 horas. Inicio dos xogos e talleres infantís no Cantón de Claudino Pita. 13.00 horas. Tributo das cen doncelas, no paseo da Galera. 18.00 horas. Inicio dos xogos e talleres infantís no Cantón de Claudino Pita. 18.30 horas. Escea da revolta Irmandiña na Praza da Constitución. 24.00 h Akelarre na A Praza da Constitución. Domingo 13 de xullo 11.00 horas, Inicio dos xogos e talleres infantís no Cantón de Claudino Pita. 13.30 horas. Expulsión dos leprosos. 18.00 horas. Inicio dos xogos e talleres infantís no Cantón de Claudino Pita. 20.00 horas. Torneo Medieval a cabalo cone exhibicións de cetrería e tiro con arco. 24.00 horas. Sesión de fogos de artificio que clausurará a XI Edición da Feira Franca Medieval. |
|
Subvencións a entidades para o desenvolvemento de programas de promoción e formación de mulleres
|
| (26/06/08) escrito por Antonio |
| Poderán solicitar as axudas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. Prazo de presentación: do 25 de xuño ao 24 de xullo de 2008, ambos incluídos. Programa 1: de promoción de actividades Programa 2: centros de atención especializada. Programa
3: recursos especializados (financiamento da prestación de recursos
especializados ás mulleres co fin de superar situacións de marxinación
ou de desigualdade). Programa 4: estímulo á formación de mulleres (fomentar a mellora da
capacitación das mulleres para ingresar no mercado de traballo no rol
de asalariadas ou de traballadoras autónomas, para avanzar na solución
da segregación horizontal e vertical por mor do xénero que sofre o
mercado laboral galego, mediante a execución das seguintes actuacións
cofinanciadas polo Fondo Social Europeo: a) Apoio a programas
destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a
súa cualificación profesional naquelas profesións en que se atopen
subrepresentadas e que sexan demandadas polo mercado de traballo. b)
Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres,
nomeadamente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable. c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores. d)
Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos
servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente
as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.). + info DOG nº 121, martes
24 de xuño de 2008 http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/53ca87912204b95ec1257471005c9863/$FILE/12100D011P053.PDF Servizo Galego de
Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Tlf.: 981545366 Fax: 981545365 Correo
electrónico: sgpihm@xunta.es
Delegación
Provincial do Servizo Galego de Promoción da Igualdade: Avda. do Exército 2 - 15006. A
Coruña Tfno: 981.185.771 |
|
O peche da avenida García Naveira de Betanzos debido ás obras de urbanización aprázase ata o mércore
|
| (23/06/08) escrito por Antonio |
| A avenida Jesús García Naveira de Betanzos permanecerá pechada ao tráfico durante a xornada do próximo mércores, día 25, debido ás obras de urbanización que está acometendo a Consellería de Política Territorial. Por tal motivo, o tráfico desta avenida que atravesa a vila será desviado dende as 8.00 ata as 20.00 horas do mércores por outras rúas alternativas debidamente sinalizadas. |
|
Gran festa de acebe.cca de Betanzos coa actuación dos Tonechos
|
| (23/06/08) escrito por Antonio |
| ACEBE.CCA ten preparada unha gran festa para o día 28 de xuño, data na que remata a campaña CULTIVA A TÚA SORTE e data tamén na que se vai sortear un Citroën C1. Ademais do sorteo, tódolos asistentes á entrega poderán disfrutar da actuación do dú o OS TONECHOS e da ORQUESTRA FOLIADA que de seguro garantirán que a festa de ACEBE.CCA sexa todo un éxito. www.comerciodebetanzos.com |
|
Andainas Sabatinas en Betanzos
|
| (12/06/08) escrito por Antonio |
| Al igual que en otros ayuntamientos, Betanzos se unirá a las Andainas sabatinas; un recorrido para promocionar el Camino Inglés. Las peregrinaciones comenzaron en Neda (Ferrol) el 31 de mayo, y llegarán este sábado 14 a Betanzos. Si quereis participar en esta Andaina, podeis poneros en contacto con la Oficina Municipal de Turismo, edificio Liceo, o bien llamando al 981776666. |
|
Festa do deporte
|
| (05/06/08) escrito por Antonio |
| O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galiza a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns. + info en www.deportegalego.es |
|
XI encontro de Bandas en Betanzos
|
| (04/06/08) escrito por Antonio |
| O XI Encontro de Bandas de Música celebrarase ás 19:00 horas na Praza da Constitución (en caso de choiva ou mal tempo trasladarase á igrexa de San Francisco), organizado polo Concello de Betanzos, coa participación da Banda de Música Municipal de Cee, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda Municipal de Música de Betanzos. Bolmix. |
|
XXVI Día da muiñeira
|
| (04/06/08) escrito por Antonio |
| Celébrase
con carácter de exhibición, non de concurso, e poderán participar os
grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino,
Asociacións Folclóricas, Centros Parroquias, A. de Veciños, A. Xuvenís,
Centros Sociais, etc, de toda Galicia. Data: 8 de xuño de 2008 ás 17.30 h.: pasarrúas ás 18.00 h.: exhibición Lugar Xardíns de Méndez Núñez Organiza A. X. Xacarandaina +info www.xacarandaina.com , 981 277 315 ou en info@xacarandaina.com |
|
Día internacional de los museos
|
| (17/05/08) escrito por Antonio |
| En
el mes de mayo los museos son protagonistas de dos celebraciones
internacionales que acercan estas instituciones a la sociedad de una
forma lúdica y festiva. El Día Internacional de los Museos (18 de mayo) , promovido por el ICOM al que se suman los museos de todo el mundo y La Noche de los Museos (20 de mayo) , en la que participan más de 1200 museos de toda Europa. Para consultar programa museos coruñeses haz clic aquí: http://www.corunacity.com/content/view/832/1/ |
|
Teatro en Betanzos
|
| (12/05/08) escrito por Antonio |
| Este domingo 18 de maio, na Aula Municipal de Cultura do Liceo poderedes ver a obra de teatro "Pan, catro propostos arredor ma malla", pola compañía de teatro, Volta e Dalle Teatro. Un espectáculo que se inspira da mesma malla tradicional, trasladando estruturas propias da actividade agraria á produción. + info www.voltaedalle.com |