|
Asoc. Ecolog. Adega |
|
Novas de ADEGA
|
Adega RSS
|
-
Lamas de depuradora vertidas sen control en Montederramo
Montederramo, 29 de agosto de 2008. As lamas de depuradora que están a provocar notábeis molestas aos veciños de Marrubio, neste concello ourensán, fican estradas sen control e mesmo pódese ver como as vacas deambulan libremente entre elas. Esta nova mostra de desidia no tratamento destes refugallos, que teñen elevadas cargas de metais pesados e outros contaminantes, amosa o descontrol por parte da Consellería de Medio Ambiente que permite a súa vertedura en fincas particulares.
-
Touriño impón un Plano Acuícola que convertirá a costa nun polígono industrial de cemento e plástico
augas contaminadas (index.php?option=com_content&task=view&id=534&Itemid=2) ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados (index.php?option=com_content&task=view&id=776&Itemid=2).
-
Chamado aos voluntarios/as para protexer o Courel dos lumes
O Courel, 27 de agosto de 2008. Ante os recentes lumes que afectaron de xeito importante a determinadas áreas do Courel estase habilitando un dispositivo especial de voluntariado coa fin de disuadir aos desalmados incendiarios de prender lumes intencionados nesta importante área natural do noso país. Teléfone voluntariado: 900 400 800. Preme no título para máis información.
-
A praga do carballo Altica quercetorum rexistra unha alta incidencia no curso medio do Miño
Compostela, 26 de agosto de 2008. A praga do carballo Altica quercetorum está a afectar de xeito importante ao interior da provincia de Ourense e de Lugo. Altica é un escarabello que produce a defoliación sobre todo do carballo (Quercus robur) pero tamén afecta a outras especies como a abelaira (Corylus avellana) e os amieiros (Alnus glutinosa) entre outros. ADEGA non recomenda o uso indiscriminado de pesticidas xa que a fumigación sistemática pode afectar a insectos beneficiosos, incluidos os predadores do Altica. A maior incidencia desta praga nos últimos anos podería ser outro síntoma do cambio climático.
-
O Eume, encalado a perpetuidade para corrixir a acidez
Trasancos, 25 de agosto de 2008. Anos de vertidos mineiros e obras que ninguén controla causaron unha acidez crónica que se agravará co macrolago d´As Pontes. Membros de ADEGA-Trasancos realizaron novas medicións de pH no Eume e en varios afluentes. O pH do río Lavadoiro chega a 2,41 canda as obras da autovía Ferrol-Vilalba. Esta acidez, comparábel á de entornos extremófilos, conleva a prática morte do río. A causa: o incumprimento da Declaración de Impacto Ambiental pola concesionaria das obras, que obrigaba a dispoñer balsas de decantación para impedir vertidos con pH<5,5. Mais esta non é a única causa da acidez do Eume: no encoro da Capela amoréanse as lamas vertidas sen control pola mina durante decenios.
-
ADEGA realizará un estudo sobre alternativas profesionais no medio natural do Courel
Lugo, 21 de agosto de 2008. ADEGA está a realizar un estudo promovido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pertencente á Consellería de Traballo, co obxecto de analisar as posibilidades de emprego en termos de sustentabilidade que ofrece, pola súa singular riqueza natural o Concello de Folgoso do Courel, e por extensión esta comarca do interior de Galiza. É posíbel compatibilizar o desenvolvemento económico do Courel coa protección do medio natural, e xerar emprego con iniciativas baseadas na conservación.
-
O Castelo de Pambre: outro Ben de Interese Cultural que permanece pechado ao público
Palas de Rei, 18 de agosto de 2008. No pasado domingo 17 de agosto (Día da Galiza Mártir) celebrouse a V edición da Marcha Irmandinha coa reividicación da apertura do Castelo de Pambre para o público e coincidindo coa 1ª Festa do Patrimonio. A marcha discurriu dende Palas de Rei (capital do concello) até o Castelo en Pambre. Veciños/as e asociacións da comarca e ADEGA reclaman a tutela pública deste BIC, para que non esmoreza fronte á desidia dos seus propietarios.
-
A nova Rede Natura litoral, á medida da industria acuícola e eólica
Laxe Brava (index.php?option=com_content&task=view&id=1000&Itemid=2), 308.000 m2, figuraba en 2007 incluido dentro do LIC para caerse da proposta en 2008. E hai máis baleiros en Quilmas, Merexo, Camelle, Ribadeo... MARCHANDO UNHA REDE NATURA Á CARTA! Baixa a presentación A REDE NATURA LITORAL (3.57 MB)
-
Estoupa unha planta de gas en Toronto con miles de evacuados. REGANOSA é 2000 veces maior
11 de agosto de 2008. O pasado día 10 de agosto na cidade canadiana de Toronto produciuse unha explosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de persoas deberon ser evacuadas nun radio de 1,6 Km. REGANOSA posúe en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os depósitos de Toronto. Si esta emerxencia acontecera en REGANOSA, habería que evacuar á totalidade da poboación de Ferrol, de Mugardos e Fene. No entanto, o ridículo Plan de Emerxencia Exterior de REGANOSA só contempla como máxima area de afectación 400 metros!!!
-
A Xunta de Galiza segue a tramitar minicentrais hidroeléctricas en Mondoñedo
Mondoñedo, 9 de agosto de 2008. A empresa NORVENTO ven de presentar un proxecto para construción dunha minicentral hidráulica no río Figueiras, en Mondoñedo. A concesión desta explotación remóntase ao ano 2000 e conta cun Estudo de Efectos Ambientais do ano 1996!!. Despois de 12 anos, en 2008 Augas de Galiza (dependente da Consellería de M. Ambiente) considera innecesario facer un novo estudo ambiental da zona, para ter en conta os cambios na lexislación ambiental acontecidos durante máis dunha década.
|
|