|
Vai de Camiño 2008 en Betanzos |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
08/09/08 |
Dentro do certamen Vai de Camiño 2008, este sábado 13 de setembro de 2008 poderedes disfrutar da actuación de BRATH + XÚA, grupos de música tradicional galega. BRATH celebrou o seu cuarto de século de existencia. Nestes xa 27 anos o grupo gravou 9 albumes e varias bandas sonoras para cine, Tv. e participou en discos colectivos e recopilatorios. No ano 2001 foi nominado aos premios da música co tema “BURKA” como mellor canción en galego, así mesmo levaron a súa música a diferentes países de Europa e América, nos cerca de 1000 concertos que levan realizado nestes case 27 anos. XÚA! nace da experiencia previa dos seus componentes como arranxistas, músicos de sesión e banda de acompañamento doutros artistas (Fía Na Roca, Paloma Suanzes, Anubía etc…); e do desexo de traballar nun proxecto musical de seu. Será ás 22:30 h na Aula Municipal de Cultura do Eficio Liceo.
Votar favorito (64) | Visto: 1312
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 08/09/08 )
|