Webs útiles | Tamaño letra |
|---|
| Usuarios |
|---|
| Inicio | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Mas ... | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Ads by Google |
|---|
| Empleo | |
|---|---|
|
| Entretenimiento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
| Recomendamos | |
|---|---|
|
| Escriben | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Otros blogs |
|---|
|
www.corunacity.com www.culleredoxove.com www.carralxoven.com www.cambrexoven.com www.oleirosxoven.com www.betanzosweb.com www.melidexove.com |
| Webs amigas |
|---|
| Subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2008-2009 |
|
|
|
| escrito por Administrator | ||||||
| 03/07/08 | ||||||
|
Resolución do 18 de xuño de 2008 pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009. Medida I. Diversificación cara actividades non agrarias. O obxectivo desta medida é o de ampliar o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a diversificación destas. En xeral, concederanse subvencións que fomenten o inicio ou mellora de calquera actividade produtiva non agraria, que supoña un complemento á renda dos agricultores e permita un mellor aproveitamento das infraestruturas e bens de capital existentes na explotación ou da man de obra excedente. Beneficiarios: os membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria, que realicen actividades agrarias nunha explotación no momento de solicitar a axuda. A explotación deberá estar en posesión do código de explotación agraria e o titular da explotación deberá obter como mínimo o 15% da súa renda total da actividade agraria realizada na explotación. Medida II. Creación e desenvolvemento de microempresas. O obxectivo desta medida é contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais, a través do apoio á creación e desenvolvemento de microempresas. Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos: -Ter un número de empregados inferior a 10 e un volume de negocios anual ou balance xeral anual non superior a 2 millóns de euros. Para o cálculo de efectivos computaranse os asalariados propietarios que dirixen a súa empresa e os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e desfruten das vantaxes financeiras. -Cumprir co criterio de independencia, nos termos que se establecen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión. Medida III. Fomento de actividades turísticas. Constitúe o obxecto desta medida: a consolidación e mellora da oferta turística e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais, apoiando actuacións que contribúan a crear condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais no sector. A posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística das zonas rurais. Beneficiarios: Asociacións de empresarios do sector turístico no medio rural. Outras asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro. Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores con participación maioritaria dos concellos (só para as actividades subvencionables recollidas na liña B). Medida IV. Servizos básicos para a economía e a poboación rural. O obxecto desta medida é apoiar a implantación e mellora dos servizos á poboación rural, en especial daqueles que respondan ás novas necesidades dos habitantes e empresas das áreas rurais. Beneficiarios: -Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, e, f. -Cooperativas agrarias e de servizos sociais: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, f. -Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos: actividades subvencionables previstas nas alíneas a, b, c, d, f. -Asociacións de empresarios e de artesáns: actividades subvencionables previstas na alínea g. Medida V. Conservación e mellora do patrimonio rural. O obxecto desta medida é favorecer a conservación e a valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais. Preténdese apoiar a preservación da calidade paisaxística e da diversidade biolóxica, así como incentivar a conservación e a valorización dos elementos patrimoniais e culturais das zonas rurais. Beneficiarios: -Para as actividades subvencionables previstas na alínea a: comunidades de montes veciñais en man común e asociacións sen ánimo de lucro, sempre que a superficie sobre a cal se vai actuar corresponda a montes veciñais en man común. -Para as actividades subvencionables previstas nas alíneas b, c: Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común. Concellos, mancomunidades de concellos, consorcios e entidades dependentes das anteriores en que participen maioritariamente os concellos. Prazo de presentación: do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2008, ambos incluídos. Presentación de solicitudes: As solicitudes e resto de documentación requerida dirixiranse ao director xeral da Agader e presentaranse no rexistro xeral da Agader (Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Publicación: DOG nº 127, mércores 2 de xullo de 2008 Máis
información (Actividades subvencionables e Anexos): http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/27672caf8c62a30ec1257479004bc96e/$FILE/12700D005P012.PDF Modelos
de solicitude: http://agader.xunta.es Votar favorito (56) | Visto: 1415
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons