| Tamaño letra |
|---|
| Usuarios |
|---|
| Inicio | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Mas ... | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Ads by Google |
|---|
| Empleo | |
|---|---|
|
| Entretenimiento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
| Recomendamos | |
|---|---|
|
| Escriben | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Otros blogs |
|---|
|
www.corunacity.com www.culleredoxove.com www.carralxoven.com www.cambrexoven.com www.oleirosxoven.com www.betanzosweb.com www.melidexove.com |
| Webs amigas |
|---|
| XIII Carreira Popular de Betanzos |
|
|
|
| escrito por Antonio | ||||||
| 04/08/08 | ||||||
|
Hora: a partir das 11:00 h Lugar: Praza García Irmáns, Betanzos Distancia: de 200 a 8.800 m Organiza: Clube de Atletismo “As Mariñas” de Betanzos e o Concello de Betanzos (Comisión de Festas) Inscrición: ata media hora antes do comezo da Proba REGULAMENTO XERAL ART. 1.- Os organizadores da proba son o Clube de Atletismo “As Mariñas” de Betanzos e o Concello de Betanzos (Comisión de Festas) ART. 2.-A celebración da proba terá lugar o Domingo día 17 de agosto de 2008, e a hora de saida serán as 11:01 da mañá sendo o tempo o tempo máximo oficial de duración da carreira de 1 hora e 30 minutos. A saida e a chegada estarán instaladas na Praza Garcia Hirmáns. Daranse dúas saídas, a primeira será ás 11:00 da maña e correrán os rapaces de ata 10 anos completando 200 mtrs. ou 600 mtrs. respectivamente según a categoría á que pertenzan. A segunda darase ás 11:15 e nela correrán o resto de categorías nun circuito dunha distancia 2200 metros. Cada atleta dará as voltas que lle correspondan según a súa categoría e o disposto no artigo nº 3 do presente regulamento. ART. 3.- Quedan establecidas as siguientes categorías: MASCULINAS FEMININAS ATA 6 ANOS 200 MTRS. ATA 6 ANOS 200 MTRS. DE 7 A 10 ANOS 600 MTRS. DE 7 A10 ANOS 600 MTRS. 11-12 ANOS 2 VOLTAS 11-12 ANOS 1 VOLTA 13-14 ANOS 2 VOLTAS 13-14 ANOS 1 VOLTA 15-16 AN0S 2 VOLTAS 15-16 ANOS 1 VOLTA 17-18 ANOS 3 VOLTAS 17-18 ANOS 1 VOLTA 19-39 ANOS 4 VOLTAS 19-39 ANOS 4 “ 40-49 ANOS 4 VOLTAS 40-49 ANOS 4 “ 50-59 ANOS 4 VOLTAS 50-59 ANOS 4 “ 60 EN DIANTE 3 VOLTAS 60 EN DIANTE 3 “ ART. 4.- A entrega de dorsais terá lugar momentos antes da carreira . Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización ART. 5.- Os únicos vehículos autorizados para seguir o recorrido da carreira serán os designados pola organización. Queda expresamente prohibido seguir ós corredores en calquera outro vehículo non autorizado pola organización. Neste senso a autoridade competente (policía local) terá orde expresa de retiralos do circuito. ART. 6.- A proba estará asistida polo propio servicio da organización, Protección Civil, Policía local e Cruz Vermella de Betanzos. ART. 7.- Este evento inclúese dentro das actividades que organiza o Concello de Betanzos, por medio da Comisión de Festas, para as Festas de Agosto que xunto con outras actividades contan con un seguro conxunto de responsabilidade. Por outra parte a organización (Clube de Atletismo “As Mariñas”) e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables de ningunha lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia, falta de forma física , enfermidade, patoloxía ou outras dos participantes, así como da participación dos rapaces menores de idade que participarán baixo a responsabilidade dos seus pais ou titores. Os atletas maiores de idade correrán baixo a súa responsabilidade. ART. 8.- Tódolos participantes polo feito de tomar a saida, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a mesma a participación sin estar inscrito ou sin dorsal. ART. 9.- A Organización reservase o dereito de modificar o percorrido da carreira xa sexa por causa de seguridade dos atletas ou outras. Fuente correrengalicia.org Votar favorito (52) | Visto: 1460
Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons