|
Todas empresas construción inscribirse no Rexistro de Empresas Acreditadas antes do 26 agosto |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
12/08/08 |
Todas as empresas que desenvolvan a súa actividade empresarial no
sector da construción deberán inscribirse no Rexistro de Empresas
Acreditadas antes do 26 de agosto do presente ano. Para facer efectivo
este proceso, a administración central e autonómica puxeron a
disposición dos empresarios unha páxina web (http://rea.mtin.es) e o
número de atención telefónica 012, onde ademais poderán resolver as
dúbidas sobre este proceso. Cómpre destacar que coa posta en marcha do
rexistro telemático, todas as empresas que operan no sector da
construción viron simplificado o proceso de inscrición no REA. + info en http://novas.xunta.es/node/10983
Votar favorito (39) | Visto: 734
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |