Semanalmente iremos incluyendo nuevas encuestas de lo más variopinta. Esperamos tu colaboración. :-)
|
O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE BETANZOS DECIDE INICIAR MOBILIZACIÓNS CONTRA O CONCELLO |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
05/09/08 |
O Persoal Laboral do Concello de Betanzos, en Asemblea celebrada o pasado Mércores 3 de Setembro de 2008 acordou, por unanimidade, iniciar mobilizacións e actos de protesta contra o Equipo de Goberno do Concello de Betanzos, ante a falta de vontade de negociación e mala fe que o Equipo de Goberno demostrou cos traballadores.
A Asemblea, convocada polo Comité de Empresa e coa asistencia dun Asesor de UGT, manifestou o seu absoluto rexeitamento á política de persoal da Alcaldesa do Concello. Os traballadores consideran que a Alcaldesa lles estivo a tomar o pelo e enganando dende hai máis dun ano.
O Comité de Empresa presentou unha proposta de acordo Económico á Alcaldesa e esta rexeitouno con argumentos que non se sosteñen xuridicamente e polos que, tanto o Comité de Empresa como UGT consideran que a Alcaldesa mentiu e intentou enganalos.
A maioría do Persoal Laboral do Concello de Betanzos percibe uns salarios que non alcanzan os 800 Euros líquidos, a pesar de ter moitos anos de antigüidade. Os traballadores, o Comité de Empresa e UGT consideran "miserables" os soldos dos traballadores do Concello de Betanzos.
A Federación de Servizos Públicos de UGT interporá, a petición da Asemblea de Traballadores, Alegacións contra os Presupostos Municipais esta mesma semana.
Así mesmo, a Asemblea de Traballadores pediu a UGT que interpoña varias denuncias e demandas contra o Concello, ante o incumprimento sistemático da normativa vixente e dos dereitos dos traballadores do Concello de Betanzos. Vía www.ugtcoruna.es
Votar favorito (33) | Visto: 920
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |