Axudas a
asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que
desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na
nosa comunidade autónoma. Convoca: Secretaría Xeral de Emigración Xunta de Galicia. Prazos: Do 4 de abril ata o
5 de maio de 2008, ambos incluídos.
Requisitos dos
beneficiarios:
a) Estar debidamente
inscrita como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e constituída
maioritariamente por emigrantes retornados ou inmigrantes.
b) Ter entre os seus
fins estatutarios a atención a emigrantes retornados ou á poboación inmigrante
en Galicia, e que así conste expresamente nos seus
estatutos.
c) Dispor dun local
para uso propio no territorio autonómico no que se realicen as
actividades.
d) Desenvolver
programas que favorezan a integración social destes
colectivos.
e) Ter xustificado,
se é o caso, e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes desta
convocatoria, todas as subvencións concedidas por este
departamento.
f) Non incorrer en
ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións,
enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia.
Presentación de
solicitudes: As solicitudes
dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración e poderán presentarse por calquera
das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Publicación: DOG Nº 64, 3 de
abril de 2008
Máis
información: http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/018bde07f8d1bf72c125741f004eb945/$FILE/06400D005P042.PDF
Fonte da nova concello de Cambre. Votar favorito (39) | Visto: 1524
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |